Tuesday, December 11, 2007

Coa Siaiei seguimos...

Andan as augas mediaticas gringas algo revoltas dende que se fixo publico que a CIA destruiu as gravacions de duas interrogacions clave de presuntos membros de Al-Qaeda, nas que e obvio que se empregaron metodos pouco "ortodoxos". Sorprendeume positivamente a indignacion xeral da sociedade civil, e mesmo dentro do corpo xudicial que emitiu fortes ameazas. Pero preocupoume moito a recente entrevista exclusiva na ABC dun axente retirado (ainda non esta no tubo, pero podedes vela aqui), na que afirma que se empregou a tecnica do "waterboarding" (entre outras) con Abu Zubaydah, un alto cargo de Al Qaeda. E realmente sinistro escoitar a sarta de datos que da sobre as dinamicas de funcionamento no emprego de tecnicas de tortura por parte de axentes da CIA, que eles chaman "enhanced techniques" (algo asi como tecnicas "avanzadas"), a burocratizacion da tortura mesma. Por suposto quen fala fai de poli bo, quen di que, malia ser unha tecnica insufrible, o waterboarding foi moi efectivo e o presenta como un caso illado, excepcional case. Contando con precedentes como Abu-Ghraib ou Guantanamo (e este son so dous grandes conhecidos), realmente aspira a credibilidade? ou a ganhar as simpatias dos que so queren ver un lado das cousas?
E algo longo, pero coido que paga a pena velo... jiar it is, que vos parece?

5 comments:

morilandia said...

esta navidad se solidario

A Raíña Vermella said...

Da un pouco de medo, iso da burocratización da tortura. Lémbrame inevitablemente a oficiais de campo nazi levando coidadosamente a conta de todo. (Aínda non vin o video, pero estou niso)

paideleo said...

Boas festas !.

barb michelen said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Arale Norimaki said...

Morilandia, bienvenido.

Raiña, si que da mal rollo, pero e que o que conta o ghicho é tal cual, tendo que mandar mensaxes por satelite de solicitude a central da CIA para dar un golpe mais ou menos, para incrementar os danos ou non, ali no medio dunha vila de Pakistan perdida polo monte, por poñer un caso. E sinistro de carallo...

Paideleo, con retraso (como e tipico en min), boas festas!! E boa tirada de rolos por xaneiro ;)

Barb Michelen, I don't like your business being announced here.