Sunday, January 27, 2008

Garabating frikitown

Tarde, sempre tarde, chegan as recentes aventuras de MPGNT, (con permiso dos seus pais:) a.k.a MoPunGaNiTa, a garabata mestiza.
Vagaban MoPunGaNiTa e Arale papando un frío quinindiola por Hawthorne Boulevard (rúa friki/hipsteriana) hai cousa dunha semana, cando toparon con vellos coñecidos e un plan para a noite do luns. No carro de ocasión de Sibsi (tamén Herr Hoffmann), mercado a un ultracatólico honesto e semental, ascendemos ao fermoso ex-volcán Mt. Tabor, onde un (proto)cineasta británico inmortalizou a cerimonia de entrega condicionada de MoPunGaNiTa a Sibsi. Obviamente eu esquecera o meu hardware fotográfico no coche ultracatólico así que a imaxe ha de andar agora por Amsterdam, baixo a protección de Queen Elisabeth.
E chegou o concerto no Waypost, un garito cálido e dinámico, no que Andrew Norsworthy (posando con MoPunGaNiTa ao piano), Susie Asado (arriba co ukelele) e Sibsi (á dereita) coas suas sempre continxenciais Silhouettes cantaron, entre outras, odas aos cigarrillos rotos, ao espírito da gasolina e as infinitas pontes de Berlin.
Mais a cousa non rematou ahí, ao día seguinte, anque desta constantemente pendurada de Sebastian e parapetada pola guitarra, tocoulle concerto quíntuple na 3337 NW Wasco St. De novo cartel e condicións de luxo: Sibsi e as Silhouettes (MoPunGaNiTa foi unha delas), as suaves melodías de John Sutherland, os potentes e policromáticos Slutty Hearts (abaixo), unha grandiosa interpretación de Susie Asado (ex alumna do Colexio de Poética Incorpórea de Jack Kerouac, fundado por Allen Ginsberg e Anne Waldman) e un punto final macarrilla con Em Brownlowe, vocalista e guitarra dos Swallows.
E digo eu, que para ser unha recén chegada, MoPunGaNiTa non o está a pasar nada mal...

9 comments:

Mario said...

Ai, se o Strummer da chapa me deixase mirar polos seus ollos!!!

Mario said...

PD: en canto á intimidade de Elliott Smith... que intimidade pode querer un morto? O de que non se saiba non será para evitar que os CSI investiguen iso tan misterioso de autoapuñalarse no peito? (non me negarás que como xeito de suicido teno todo: doloroso, complicado, lento e inútil).

ak said...

garabata do demo!
se o chego a saber ofreciame eu voluntario pra que me paseara polo imperio (grande)

Anonymous said...

padiósssss como pai(foco) da gravata e tio(güeno) do crachás... me llena de orgullo y honda satisfacción y por qué no me callo!!!

impresiónasme de aquí a Portland e de volta!

kisses mil!

Zerovacas said...

Ten boa pinta. Un saúdo!!!

paideleo said...

A garabata esa dá muitas voltas e muito para falar. Conta. Conta.

Marla Singer said...

Claro que me animo a facerche unha visitilla e tachar así a miña lista de cousas!!!!!!!! Agora só necesito cartos :( (¿Cantos preciso?). Un bico grande!!!!! (déboche un mail)

Arale Norimaki said...

Mario, se tivera a un colega no Efebeí seguro que me pasaba unha microcamara pa meterlle ao Strummer, pero aínda non caeu tal percal. Do de E.Smith, eu reitero que fiquei abraiada co enfervorecido dos debates, e, anque non se me ocorrera antes, voto pola tua teoria CSI. Morrendo asi...cantos forenses non codizaran o teu cadaver?

AK, home, descoñezo as tuas dimensións, pero sospeito que o ia ter mais complicado para pasar aduanas. Amais, acabaronse as vacas gordas, Mopunganita anda agora tan recluida coma min, sniff.

Mr.Harvey, tio güenaso e demas atributos honorables, xa lle transmitirei as palmadiñas a Mopunganita, pa que non se me aburra pechada todo o dia. bacci!

Zerovacas, pa gustos, garabatas, pero o certo e que estes micro-concertos son un luxo...

Paideleo, mais voltas que ten que dar este semestre, anque sea so pa que tome o aire, pero a volta ao traballo sempre e dura. Contarei pronto.

Sobre Professor Howdi- Non teño nin idea de como deron conmigo, pero se tedes curiosidade por ver como se expande o proselitismo cristian polas novas tecnoloxias, podedes botarlle un ollo aos links. Mi madriña, ate no blogue os teño!!

Marla, pois pilla ese billete, anque para tachar a lista terias que vir durante clases e non en vacacions. Cartos...home...o billete e raro q baixe de 750euros...se che sorri a fortuna laboral sempre o podes pensar. Bico!

Anonymous said...

Dior! como me pos!