Monday, January 21, 2008

Garabating I

Nota Breve (un Posí, deses):
1- Pídolle aos escasos visitantes deste recuncho semizombie que suxiran nomes para tan noble personaxe como é a conxucion Garabata Moderna-Chapa dos Escravos, especialmente considerando as suas vindeiras probables aventuras.
2- Esta de micro-xira!! Ven de rematar o seu primeiro concerto no Waypost, onde foi notablemente venerada polo público e capturou os seus primeiros fans e palillos chineses. Maña tocará nun dos famosos house-shows de Portland (dos que xa falei outra vez) que son do mais "in" na Güescous. Con quen? Ahhhh....
Mais info e fotos en breve... de quen será o pescozo da foto?

6 comments:

Leopold Bloom said...

BO blog! No teño moitas ó respecto. Interesantes gustos musicais.

ak said...

luis aguilé, chamalle luis aguilé

apertas transoceanicas

Mario said...

Énchenseme os ollos de bágoas coa emoción!!!
Sabes que me faría ilusión? Que localizases a tumba de Elliott Smith e a engaravatases, aínda que igual é un cristo, e ao mellor nen sequera está en Portland (aínda que sería o lóxico).
Chames como a chames ponlle un galician. Galician Neck-tie (polo da Colombian Neck-tie). Ou Modern Punk Galician Neck-tie. Usease MPGNT, ou algo así.

A Raíña Vermella said...

Que divertido! A garavata moderna-punk polos lluesei:) Molaría que atoparas un anano de xardín para poñerlla. Un bico.

gustavo harvey said...

Non é posíbel! Cada vez que miro este blog teño o pelexo de galiña! Síntome un privilexiado por terche regalado a gravata! Foi a mellor inversión que teño feito en muitos anos!

Bicos e grazas!

Arale Norimaki said...

Mr.Bloom, sexa vostede benvido a estes lares taquiónicos. A música é froito das incursións na noite Portlandeña en compañías entendidas, mais alédame que lle guste.

AK, hmmmm aguilé, pareceme un pouco cruel, pero tentador de carallo. Deixemos que os pais decidan. Apertas.

Mario, vaia...e iso que so era o "teaser". Oiches, mirei o de Elliot Smith e resulta que hai case unha guerra civil entre os fans, os que queren saber que foi dos seus restos humanos e os que obrigan a respetar a sua intimidade. O caso e que parece que nin dios sabe onde estan os seus restos corporeos. Asi que quedara como Santo Graal. Graciñas polo bautizo.

Maxestade, terei en conta a súa suxestión, espero que non me acusen de allanamiento de morada...

Mr. Harvey, ala ala, xa sera para menos. Isto foi o comezo grandioso, agora xa remataron as vacacións e tocaralle reclusión involuntaria, que magoa.

Apertas a todos