![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi5R61mu2StRgHV9QBQyGVwi9tnOPXmHM7s8KEYsDy8N28Ee3sM_4llL8BaFVYUkZmdq4rDsXapUXEGlKBqvZLa_c2qqHESKbtq6SthEGjZjSi0W9kI_-Q2AZxuHaRzoWoHChxY5yxgedI/s320/thesis+parade.jpg)
Renn Fayre comeza o venres as 3pm, coa queima das "thesis" (traballos de fin de carreira)
e todo dios disfrazado na entrada da biblioteca. Os demais asistentes teñen o deber moral de enchoupar aos laureados con champan barato ao tempo que a batucada marca o ritmo da cerimonia. Unha vez as teses estan a arder, berrase, bailase...e, o mais importante, bicase. A todo o mundo. Dependendo do etilismo do persoal podese safar cunha aperta, pero e ben dificil sair da voraxine sen que alguen che coma os morros. Ou sen que che cubran de pintura e champan. O caso e celebrar.
A festa continua durante toda a fin de semana, cun calendario ateigado de concertos, atraccións e eventos xenuinamente "reedies". Entre os convidados este ano estiveron unha chea de dj's cuxos nomes non lembro, Girl Talk, March Fourth, Lions of Batucada, Supermerde e Funkubus. E o sabado as 3am, un orgasmico re-play-dance-session de Stop Making Sense. Pra que o corpo aguante tanta caña (a que cada un decida meterlle, pero digamos que a tonica xeral e moi psicotropica), os propios reedies organizan a "Karma Patrol", voluntarios que van ofrecendo auga e bagels gratis a quen precise repoñer forzas. Os que sufren un mal viaxe ou algún accidente son rescatados por WhiteBird, unha ong con grandes coñecementos de axuda medica en festivais (curtidos en Woodstock e similares, seica). Se se quere relaxar e fuxir do ruido esta o "White Lounge", unha sala chea de colchons, sofas e muselinas nas que contar ovelliñas ou adicarse a discretos praceres carnais. A sua antitese e o "Black Lounge", sala de tecno cuasi-constante durante os tres dias nas que queimar
calorías e evaporar o etanol.
Alén da danza abondan as actividades frikis e clásicas na historia de Reed. Unha das visualmente mais impactantes son os Pictors, unha horda de reedies transformados en pitufos nudistas que se adican a dar abrazos azuis durante toda a maña do sábado. O seu principal inimigo son as patrullas con pistolas de auga. Logo de moita loita de guerrillas polo campus adiante,
os Pictors encabezan a comitiva do Festín, xentileza dun feixe de exalumnos que chegan en procesión con ristras de polos e pavos asados aos hombros e camiñando ao son da gaita escocesa. Aqueles que queden con fame poden ir ao anfiteatro e participar no "Bug eating contest", que como seu nome indica consiste en comer bichos, e quen e quen de comer os piores (mair ghrandes e mair feos) sen botalos despois. E un espectaculo kafkiano, sen dubida.
E podería botar horas falando da sala dos globos, dos fogos artificiais, da "glo-opera" dos labirintos co sofa-columpio, das cupulas e cabañas de chill-out, dos campos de veletas ou do xadrez human pero prefiro deixalo aquí. Se cadra ate vos animades, e vides vivir o festival o vindeiro ano. Con portas como esta (a ponte azul), quen non se sinte tentado...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiGPjps5hrtxcBnxShB3QRXB-XhHCR7FKJh6z1M-16Hjdz7lHSFM5n94Vb6lgp27wXQjguI9mODmSoKbLsyNF3seDGnOPvVwKjKWN1nVsblfGbGTWN2JMBgkYVlhuPmJjVoF-sYG1dvHrE/s320/blue_bridge.jpg)
Fotos xentileza dos usuarios de flickr e facebook: g.r., l.w., e.m., sibsi e saylamarz
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgF43pLaHbfEk3_kENkzZ8fTmB4H_i1NrvPn0StH0e8dy_crZk4v3aPUKUe2qeG0SAglDC6QwCZ8UjdO7BjcWmDahcaJH7g4CK-n3hyphenhyphenW4fJCdq_iPez-vNvjWKxXWKKonY-oOAOunQExks/s320/thesis_parade2.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhZ41gzaTUWrXVBDG1Ix7r_hwQ2rUCuv70KAU65QUgxJuLGxchcE52Yx-j9x_vyRumKBh6pKAoXeoUSEVkARA983wrS89Cl4spkS1EqPjJveYd25nL87W5_mjdlP-lh1MKXrIx31CO1ZYM/s320/thesis_kiss.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh5NR3IfFN1N-Q1UNNYob2cUkWbt8O_2nmxQ3O-uhhPLUx8U07foRIvFpymy8dlJ9bA2MwQtLGV8I8EAYs7porHQET_NeNCeoINNfBs2-0BdtcbzjtJuMDUReda-YLSJAx-ciSbAjosahc/s320/rennfayre.jpg)
Alén da danza abondan as actividades frikis e clásicas na historia de Reed. Unha das visualmente mais impactantes son os Pictors, unha horda de reedies transformados en pitufos nudistas que se adican a dar abrazos azuis durante toda a maña do sábado. O seu principal inimigo son as patrullas con pistolas de auga. Logo de moita loita de guerrillas polo campus adiante,
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjYVPtk50t5tuYTN2OIYSbRbpdJPL_n3mcoQSfPlsbKh_T7RCRFXKIM5LJDIU8BsJDU54Y1mcvZX04rd8Lk4bmE_fg1HSNkUYt5bB0fIGv2-el84fyW14flKIYSSrilYsDbikCr3sm6bxw/s320/bug_eating.jpg)