Saturday, September 15, 2007

Excursions ao "anderghraun"

Non todo vai ser choio e vida responsable, va que non? Anque o meu estatus actual me deixe menos tempo do desexado para estas escapadas, xa puiden catar un pouco do "anderghraun" oreghoniano. Yipee! De ser coherente, comezaria dando conta do meu paso polo festival de "artes entusiasmadas" Halleluwah, no que foi a descuberta do primeiro recuncho friki alleo a Boleira Central; lugar onde Sibsi e a menda conhecimos aos nosos honorables guias no anderghraun, Arale conseguiu 90$ en musica porlandenha a cambio dunha cervexa e descubrin grupos como The Blow, TSHDT? e discograficas interesantes como Sublime Frequencies e Marriage Records. Pero non son tal. E na minha memoria de peixe dominan agora as lembranzas do paso polos concertos na casa do sr. Brainstains a comezos desta semana.
Segundo os nosos guias o mellor xeito de achegarse ao autentico panorama musical "alternativo" e a traves da rede de casas/centros sociais/locais ilegais que promoven microfestivais e concertos varios, sempre rexidos por unha estricta loxica DIY (Do it yourself). O fogar da Comunidade Brainstains e un deses lugares, unha fermosa casinha de madeira chantada nun tipico barrio residencial (a 40min en carro da Bolera) e flanqueada por duas clinicas de odontoloxia, o que garantiza a ausencia de queixas por ruido. As fotos son todas de ali (a de Burt presidia os banhos promovendo o aforro nesa marabillosa pose recatada). Non din inmortalizado a Akira, a mascota da casa bautizada en honor ao grande Kurosawa, pero xuro que el era un mais entre o selecto publico dos concertos, chantado no chan con cara de entendido no tema.
Arrincaron os Ghost to Falco, envolventes e cautivadores, infinitamente mellores ao vivo que no myspace; cinco temas pero abondo intrigantes e todos cunha longa historia tras de si, coido que volverei velos pronto noutro festival. Seguiunos Alina Simone, pequeninha ela trala sua guitarra, pero cunha voz potente. Ucraniana de orixe, a rusofonia de Alina foi o seu maior atractivo, especialmente cando versionou a Yanka Dyagileva, disque unha das rainhas do punk ruso, que deixou menos de tres ducias de cancions antes de plantar a vida. O punto final puxeronno os Swallows, autodidactas confesos, indies ate a medula e entusiastas indudables.
E o certo e que non se me ocorre mellor xeito de comezar un luns, asi que habera que seguir investigando polos submundos oreghonianos...

4 comments:

Elianinha said...

Que bien te lo pasas, perrilla.

Arale Norimaki said...

Mellor o pasaria se non me metera nos embolados laborais e academicos que me caracterizan (quen moito abarca...). Estas son as excepcions meritorias, o resto dos meus dias son vida estresada no Campus. Beijocas.

Charlie Thompson said...

Ta bom, garota.

¿En qué dialecto escribes?

Arale Norimaki said...

"Bem-vindo" Sr. Tappy. Escribo en galego, a vella lingua que se fala no noroeste da Peninsula Iberica, alo pola Europa.
"Obrigada" pola visita :)