Tuesday, September 18, 2007

Gringos vs. Latinos (e Piratas) (e Palizas)

Ven de comezar a minha segunda semana exercendo de profe de conversa. Anque tarde, mal e a rastro (por mor da minha vida paralela como estudante), argalleilles un exercicio sobre estereotipos aos churumbeles, por iso de que practiquen os adxectivos e que saiban que, cando vaian polas americas, se oen "hey, gringo!" probablemente lles estean a falar a eles. Sei que non lles gustou tanto como a primeira clase, onde descubrin as minhas dotes de dominatrix obrigandoos a todos a cantar isto (si, ata o final de todo).


Sobre o mapa, tentativa de exemplo de estereotipos sobre os gringos, comenta unha alumna: "Dende logo que isto non o puido facer un ianki. Moi listo de dios teria que ser pra saber que Cuba e comunista".
Seguirei informando (se me quedan folghos) ...

Actulisasao 19/09/07: Engadido dos alumnos a clase, peli flash: "the end of the world". Amais, hoxe e o GRAN DIA, o Talk Like A Pirate Day asi que como boa universidade friki, serviuse rancho e asado pirata de polo (con pinta intimidatoria pero delicioso), os que quixeron asistiron a clase con espadas, parches e casacas piratas, e arestora os cocinheiros e todos os espadachins aventurados estanse batindo en duelos simultaneos no comedor ao grito de ARRRR!!!!

Actualisasao II (19/09)- Palizas por preguntar (a outra cara dos EUAs): As minhas desculpas aos lectores de feeds, pero coido que o escandaloso e indignante do asunto paga a pena. Acabo de descubrir este video via Alber. Nel vese como se deten e agrede fisicamente ("tasean") a un estudante por facer preguntas inoportunas fronte a todo un auditorio de universitarios que acudiron a escoitar a Kerry (a pouco convincente alternativa a Bush as ultimas eleccions) na Universidade de Florida. Non dou creto.

14 comments:

Elianinha said...

Buh, pero ti de profe es moi cruel, eh...

ak said...

e o baile, amosachelles o baile?

A pirámide said...

Por cousas como estas andan despois invadindo países.

Zerovacas said...

Pareceume moi significativa unha enquisa (unha de tantas que fan) que dicía algo así como que a metade dos habitantes dos USA pensaban que o seu país tiña máis de 1000 millóns de habitantes. Iso explica moitas cousas.

Gringa! Queremos verte cun sombreiro mexicano, xa!!

Arale Norimaki said...

Eli, non o sabes ti ben...e coas "erres" son mais implacable ainda. Coido que xa estan todos ata o "rabo" de San Roque...

AK, pouco a pouco, home! non os vou a espantar a todos o primeiro dia. Asi e todo xa lles avisei que pra a semana toca un video dos 80's, algunha suxerencia?

A Piramide, invaden, por que lles chaman gringos ou porque aprenden de falsos mapas?

Zerovacas, coas enquisas podeste botar un farto de rir. Este video, xa algo vello, tamen e de escandalo... (un pouco cruel, se cadra). O de Arale-Charro-Cuate-Aqui-Hay-Tomate, pronto, pronto...

ak said...

nom tenho dubida que pra rematar com toda posible resitencia a tal e Don Diablo do Bosé

Mística said...

o mapa dos estereotipos mola un monton!! (non sei ponher acentos co teclado irlandes, sorry)
Carole pensa que son unha intelectual (tenho o ego polas nubes... :)

A Raíña Vermella said...

Nunca puiden crer de todo que os gringos teñan esa visión como nebulosa e incompleta do mundo, pero cada vez teño mais datos que confirman o estereotipo. De verdade pensan que o Estado Español (xa non pregunto por Galiza) está debaixo de Panamá? E que en Europa non hai tele ou é en blanco e negro?

Álber said...

Vou tentar lembrar o meu galego da infancia, mais non creo que saia nada bo. Penso que mellor empezaras con unha canción mais simple, como o "la, la la" de Massiel". Ademais, nin eu entendo algunhas partes da letra. Pobriños.

Mario said...

O mellor dese mapa é o Here Be Dragons. Pobre rapaz, mira que bater nel estando Kerry na mesma sala...

Mrs.Doyle said...

que gran país!

Torreira said...

sempre nos quedará Peret!.Bicos

paideleo said...

Eu tiña verdadeiros problemas para explicarlles que había un país en Europa con xente branca que falaba español. A maioría deles pensa que España está nun sitio debaixo de México.
Esta ignorancia dábame " alas " e así dicía que eu era de Galicia: un país entre Portugal e España e eles tragaban.
Un saúdo e graciñas pola felicitación para o Leo.

Arale Norimaki said...

AK, gracinhas pola suxerencia, se cadra para os que me toquen de segundo ano, desta puxenlles Toreros Muertos e Ole Ole, moito riron...

Mistica, pois non sei quen o faria pero agradecida lles quedei. Acaso alguen dubida que unha persoa chamada mistica non sexa unha intelectual??

Rainha, home, non todos a tenhen, pero haiche un feixe que a xeografia como que non. Hoxe mesmo lles puxen a competir en equipos a ver quen atinaba mais paises de america do sur e ainda levei algunha sorpresa... Os rapazolos de eiqui tenhen un nivel de cultura xeral bastante superior a media do seu pais, asi que non che podo confirmar a pregunta.

Alber, pois para levar tempo sen empregalo ainda lle das ben. Uff, massiel... apuntareino como tortura psicoloxica para cando se porten mal.

Mario, si o mapa ten un par de puntazos, seica os hai mais detallados. O do rapaz, en fin, ti mesmo explicaches no teu post...

Mrs. Doyle, uis! si, grande si que es ;)

Torreira, e que dure!

Paideleo, como xa lle dixen a Rainha o ambiente eiqui e bastante distinto, todos os alumnos saben que eu venho de "Yurop", mesmo ai alguns que de seguro me atopan menos simpatica por vir dun estado de raices imperialistas, asi que...

Apertas!