Vexamos. Algo de xeito terei que darlle a isto. Suponho que estara ben iso de comezar explicando que caste de bolera me acolle, sobretodo, polo curioso do seu lema extraoficial nun pais coma este: "Comunismo, ateismo e amor ceibe". Toma esa.

A vida no campus fundamentase na etica dos seus moradores. Vamos que non hai normas oficiais. Todo vai acorde ao "Honor principle", asi que cada un ha de comportarse como considere mais axeitado e se se sente incomodado por algunha actitude allea, non ten mais que falalo co suxeito ou cun comite de alumnos especialmente designado para a mediacion nestes conflictos. Considerando que no campus conviven cristians, musulmans, hinduistas, ateos e agnosticos, nudistas e fashion victims, freaks e nenos Hilfiger, abstemios e politoxicomanos, o fluido da convivencia e positivamente abraiante.
E logo esta o activismo e a implicacion directa dos alumnos nos servizos. Para axudar a costear os gastos de matricula (que non son ningun chiste), os alumnos poden traballar

Non existen irmandades alfa, nin omega. Nin liga de futbol (pero si de Ultimate Frisbee ). Existen unha chea de organizacions de estudantes que se publicitan anualmente para obter fondos do Senado de estudantes nunha "funding poll" na que votan todos os alumnos e que ven de rematar. Os que entran no Top 40 consiguen guita. Para que vos fagades unha idea, algunhas das organizacions victoriosas son a Safer Sex Society (gracias aos que os banhos das resis estan permanentemente abastecidos de ghominhas, espermicidas e lubricantes varios), Bike Co-op (arreglan gratis a tua bici), The Mill (a sala de lectura de comics, o pior inimigo do futuro academico de todo gafapasta) e os CAVE (Carnivorous Alternatives to Veg [an/etarian] Eating). "Nos" quedamos de numero 31 (de 68). Pero diso xa falarei mais adiante. Creo que por hoxe xa abonda.
5 comments:
Arale querida. Polo que contas, parece que son os mesmos estudantes os que forman parte da organización desa bolera coa súa tolerancia e mente aberta.
E logo, que é o que lles dan para que despois de rematada a fase estudantil moitos deles saian republicanos con ansia de invadilo todo? Será cousa dos reactores nucleares da veciñanza?
Menos mal que ti es androide e un pouco de radiación e doses limitadas aínda che vai ben para as baterías.
Un saúdo e segue cronicando, que a cousa interesa.
Meu deus, a nova Homer Simpson...
Interesante o relato dende dentro do tobo dos estudantes.
Seguro que non hai alfas, omegas e iso ?.
n saudo.
Olas Aralechán! Aínda que ás veces non escriba, sempre me paso polo chririmbowling! ö final marcho a Dublín (este sábado). É unha mágoa das grandes que non me guste a cervexa :(
Por certo, fíxome moita gracia a foto do "nerd". Isto de que os yankis monpolizasen o cine e a tv non é nada bo (semella que coñecemos máis a súa cultura que a nosa)
Espero escribirche un mail antes de marchar ou mentres dure o meu periplo irlandés. Un bicaso!
Piramide, aqui haiche de todo, anque republicanos (de Bush) deben de ser menos do 1%. Ao ser unha escola de artes liberais, tenhen a sorte que lles saen poucos republicanos, asi que terei que ir investigar a outros centros para averiguar mais sobre o fenomeno de bushizacion. Os reactores, oes, como a seda.
AK, home, gracias por ter tanta confianza en que obtenha as licencias, pero coido que ainda ha de chover moito...
Paideleo, te lo juro por bush padre, neste campus non hai irmandades clasicas, hai outras mais frikis (unha sovietico-masona, e todo...) e cousas mais raras ainda. Seguirei investigando.
Mistica, pasao moi ben e coidado co "Irish Mist", unha perigosa mistura de mel e whisky, traicionera como ela soa. Aprendelle moito inghlish e salta logo para eiqui se queres, para lucir acento xenuinamente irish. Biko!
Apertas a todos!
Post a Comment