Showing posts with label bolera. Show all posts
Showing posts with label bolera. Show all posts

Monday, May 5, 2008

Renn Fayre 2008

É unha razon mais pra adorar este lugar. Non e unha festa calquera. E un festival en toda regla. Unha xenuina celebracion do fin de curso e a partida dos "seniors", os estudiantes de ultimo ano.
Renn Fayre comeza o venres as 3pm, coa queima das "thesis" (traballos de fin de carreira) e todo dios disfrazado na entrada da biblioteca. Os demais asistentes teñen o deber moral de enchoupar aos laureados con champan barato ao tempo que a batucada marca o ritmo da cerimonia. Unha vez as teses estan a arder, berrase, bailase...e, o mais importante, bicase. A todo o mundo. Dependendo do etilismo do persoal podese safar cunha aperta, pero e ben dificil sair da voraxine sen que alguen che coma os morros. Ou sen que che cubran de pintura e champan. O caso e celebrar.
A festa continua durante toda a fin de semana, cun calendario ateigado de concertos, atraccións e eventos xenuinamente "reedies". Entre os convidados este ano estiveron unha chea de dj's cuxos nomes non lembro, Girl Talk, March Fourth, Lions of Batucada, Supermerde e Funkubus. E o sabado as 3am, un orgasmico re-play-dance-session de Stop Making Sense. Pra que o corpo aguante tanta caña (a que cada un decida meterlle, pero digamos que a tonica xeral e moi psicotropica), os propios reedies organizan a "Karma Patrol", voluntarios que van ofrecendo auga e bagels gratis a quen precise repoñer forzas. Os que sufren un mal viaxe ou algún accidente son rescatados por WhiteBird, unha ong con grandes coñecementos de axuda medica en festivais (curtidos en Woodstock e similares, seica). Se se quere relaxar e fuxir do ruido esta o "White Lounge", unha sala chea de colchons, sofas e muselinas nas que contar ovelliñas ou adicarse a discretos praceres carnais. A sua antitese e o "Black Lounge", sala de tecno cuasi-constante durante os tres dias nas que queimar calorías e evaporar o etanol.
Alén da danza abondan as actividades frikis e clásicas na historia de Reed. Unha das visualmente mais impactantes son os Pictors, unha horda de reedies transformados en pitufos nudistas que se adican a dar abrazos azuis durante toda a maña do sábado. O seu principal inimigo son as patrullas con pistolas de auga. Logo de moita loita de guerrillas polo campus adiante, os Pictors encabezan a comitiva do Festín, xentileza dun feixe de exalumnos que chegan en procesión con ristras de polos e pavos asados aos hombros e camiñando ao son da gaita escocesa. Aqueles que queden con fame poden ir ao anfiteatro e participar no "Bug eating contest", que como seu nome indica consiste en comer bichos, e quen e quen de comer os piores (mair ghrandes e mair feos) sen botalos despois. E un espectaculo kafkiano, sen dubida.
E podería botar horas falando da sala dos globos, dos fogos artificiais, da "glo-opera" dos labirintos co sofa-columpio, das cupulas e cabañas de chill-out, dos campos de veletas ou do xadrez human pero prefiro deixalo aquí. Se cadra ate vos animades, e vides vivir o festival o vindeiro ano. Con portas como esta (a ponte azul), quen non se sinte tentado...


Fotos xentileza dos usuarios de flickr e facebook: g.r., l.w., e.m., sibsi e saylamarz

Tuesday, April 22, 2008

Ensalada supersticiosa

Hoxe traio algo fresquiño, recén saído do forno das conversas multicontinentais que se dan no comedor de cando en cando. Nunha arrouta matinal, decidín adicar un dos meus derradeiros encontros cos churumbeles a falarlles da noite de San Xoán e a infinidade de tradicións, supersticións e ritos que se fan posibles nesa noite. "Como é que os curas permiten semellantes prácticas pagás?". Non daban creto. E menos aínda cando descubriron que tanto as rapazas finesas como as galegas poden poñer flores baixo a almofada pra saber dos seus futuros mozos. Ou dos poderes da cacharela pra traerlle fortuna, curación ou agoiros amorosos a quen chouta por riba dela (e boa colleita!!). Ao final, a metade dos churumbeles protestaban por vivir nun país tan puritano, que fixo por eliminar toda traza de maxia e misterio. Coitadiños!

O mellor de todo é que o tema das supersticións abrollou na cea coincidindo na mesa con xente de Ghana, Xamaica, Rusia e India. Déixovos aquí as leccións do día:

Ghana
- Varrer o chan polas noites trae mala sorte
(tamén en Xamaica)
- Se lle cascas a alguén co pau dunha vasoira non poderá ter fillos
- Se camiñando pola rúa alguén se cruza accidentalmente entre tí e o teu acompañante, a persoa que se mete no medio ten que desfacer o camiño de cóstas, dar un feixe de voltas derredor voso e proseguir o camiño

Xamaica
- Se varres a túa casa cunha vasoira emprestada traerás a ela os infortunios de quen cha emprestou.
- Se lle das pataca doce (boniato) a un home causaraslle impotencia.
- Na noite, se oes chamar por tí, NON contestes (ou cando menos agarda a comprobar que é unha persoa real)
- Se ves abellas fóra do seu hábitat habitual significa que veñen cartos.

India
- Se un gato se cruza no teu camiño, tes que volver cara atrás até chegar a un xiro na rúa.
- Ao bostezar tes que chiscar dúas veces os dedos fronte a túa boca pra evitar que che entren espíritus.

Rusia
- Se os teus convidados che fregan os pratos non terás cartos en moito tempo.
- Para ter boa sorte nunha viaxe, tes que acougar cinco minutos sentado na túa casa xusto antes de saír.
- Quen sente nun canto da mesa non ha casar.
- Cando prendes un cigarro cunha vela morre un mariñeiro (soavos de algo?)

(continuará....)

PD: Moito ten pasado pola Boleira recentemente, bó e non tan bó. Cada día falta menos pra miña partida dos Lluesei e podo declarar sen dúbida algunha que o meu propósito de manter este recuncho actualizado foi un rotundo fracaso. A aqueles que se pasaron repetidas veces pra saber da miña supervivencia, mil perdóns. Iso non quita que teña milleeeeeeeeiros de historias pra contar. Co tempo agardo podelas ir fiando, anque sexan pretéritas aínda pertencerán a este periplo.

Saturday, February 2, 2008

Cábala

Nunca pensara que arranxar horarios para ducias de persoas puidera resultar algo tan cabalístico, anque infinitamente mais mundano. Anque tampouco pensara nunca que o hebreo fora unha lingua tan complicada e visualmente tan fermosa na tipografia Rashi. Que ninguen se asuste, non pasei do chines ao hebreo. So curioseei.

A semana antes do comezo do segundo semestre, o Campus/Bolera celebra a "Paideia", unha semana na que os alumnos se tranforman en profesores. De que? De calquera cousa, dende calceta a cestería subacuatica, dende canción-protesta ate BDSM, pasando por xeopolitica nuclear e como matar unha cabra (pa comela e facer coiro, entendese). Eu queria aprender o alfabeto hebreo pa pipear algo os titulares... pero resulta que descubrín que, por moito que se queiran diferenciar dos arabes, no relativo as vocais e a facerlle a vida complicada aos neofitos sonche igualiños. Ao igual que o árabe, posuen un alfabeto de consonantes cun par de semivocais (se mal non lembro). E para poñerlle as vocais as verbas teñen toda unha serie de puntiños verticais/horizontais/diagonais e micro-Ts que -oh, sorpresa!- so aparecen nos libros para cativos, nalgun texto solto e en palabras especialmente complicadas. Para darlle unha volta mais, non se contentan con 5 vocais, teñen un feixe delas. Asi que se queredes descifrar e vocalizar un titular, un nome ou un cartaz, primeiro toca pringar meses de miopia e gaguexos. Coido que optarei por seguir admirando o atractivo estético e a outra cousa "butterfly".
Ai, estes semitas todos!

Wednesday, November 7, 2007

Dia de los Muertos Revisited

Prometo que desta non e preguiza senon causas maiores as que me mantenhen alonxada da facer algunha actualizacion decente. A saude (en companha de H.Pylori, antibioticos e migranhas) leva duas semanas repercutindo negativamente no meu rendemento, ate o pundo de obrigarme abandonar o estudo do chines (quero crer q temporalmente, pero dubido q non sera asi) e reconducir a tinta china pra suala entre as aulas cos churumbeles, a fabricacion en masa das caveiras de azucre, a asignatura na que ainda mantenho praza e o Dia dos Mortos. Afortunadamente, todo indica que en breve todo sera mais apacible. Xa comezou a selo. O Dia dos Mortos resultou ser un exito e xa foi catalogado polos alumnos como o mellor evento do campus dende que comezou o curso (alo polo agosto serodio). A iso axudaron as semanas de traballo en equipo cos habitantes da Casa, o apoio moral e economico da Bolera, a musica de Jason Webley e a enerxetica e cuasi orgasmica actuacion de March Fourth Marching Band, que puxo punto e final.
Pra compensar as minhas carencias verbais e pra dar sinais de vida en xeral, deixovos un feixe de fotos fotos: dos altares que se lle montaron as "Hispanic Dead Celebrities" favoritas do campus e do evento en si. Coidense!










Monday, October 29, 2007

Dia de los Muertos




















Nestas andamos, a voltas co Dia dos Mortos, empapelando os banhos da Bolera con estes Episodios explicativos (faltan dous mais que blogger non me deixa subir), facendo caveiras de azucre e pseudoflores de cempasuchil. Carolyn, unha das habitantes da "Casa" e unha crack na cuestion creativa, montou unha paxina web na que se votaron polo Top 6 das Celebridades Hispanas (escollendo dunha lista restrinxida a trinta por cuestions de programacion). Os ganhadores resultaron: Dali, Frida Kahlo, Goya, Neruda, Borges e Lorca, aos que lle montaremos altares ao mais puro estilo mexicano (tan puro como consigamos...) durante esta semana. E venres dous concertos, pinhatas e comida a raudais. Os da "Casa" servindo, como non. Xa suo so de pensalo. Ainda por riba Aralinha seguira ate as cellas de antibioticos pra matar a unha tal Helycobacter que lle esta a facer a vida imposible. A ver se con tanta caveira se espanta de todo e me deixa tranquila. En fins, como di a rima:
En este mundo matraca
De morir nadie se escapa.
Muere el buey, muere la vaca,
Y hasta la mujer más guapa
tiene que estirar la pata.

Wednesday, October 3, 2007

Democracia a la texana

Desastrinho son, ben sei. Se e que cousas que contarvos saenseme polas orellas, xa so coas aulas cos churumbeles alternandolles Los Fruitis e Toreros Muertos tenho para unha tese. Iso sen contar demais vicisitudes, como que te tenhas que enterar de que che cancelaron o voo transoceanico porque a divina providensia fixo que chamaras por curiosidade [consello, nunca reservedes voos longos con eles], senon xa podias ficar no aeroporto con cara de poker. Ou as cada vez mais frecuentes sesions de biblioteca ata as 2am. Ou de Oaxaca vista dende Portland. Ou do poder da escalivada e o aioli, ou das filloas con chiculate e as yemas de sta. teresa (made in arale) para atraer gringos despistados a malevola rede da casa hispana. Por certo, o da foto e Marquitos, o anfitrion indiscutido (seica dende hai tempo xa) nas mesas de conversa que organizamos semanalmente. Pero para que me perdoedes deixovos outra tapa de gringadas, desta, un clarisimo exemplo da seriedade do corpo lexislativo en Texas. O mellor esta pola metade...

Tuesday, September 18, 2007

Gringos vs. Latinos (e Piratas) (e Palizas)

Ven de comezar a minha segunda semana exercendo de profe de conversa. Anque tarde, mal e a rastro (por mor da minha vida paralela como estudante), argalleilles un exercicio sobre estereotipos aos churumbeles, por iso de que practiquen os adxectivos e que saiban que, cando vaian polas americas, se oen "hey, gringo!" probablemente lles estean a falar a eles. Sei que non lles gustou tanto como a primeira clase, onde descubrin as minhas dotes de dominatrix obrigandoos a todos a cantar isto (si, ata o final de todo).


Sobre o mapa, tentativa de exemplo de estereotipos sobre os gringos, comenta unha alumna: "Dende logo que isto non o puido facer un ianki. Moi listo de dios teria que ser pra saber que Cuba e comunista".
Seguirei informando (se me quedan folghos) ...

Actulisasao 19/09/07: Engadido dos alumnos a clase, peli flash: "the end of the world". Amais, hoxe e o GRAN DIA, o Talk Like A Pirate Day asi que como boa universidade friki, serviuse rancho e asado pirata de polo (con pinta intimidatoria pero delicioso), os que quixeron asistiron a clase con espadas, parches e casacas piratas, e arestora os cocinheiros e todos os espadachins aventurados estanse batindo en duelos simultaneos no comedor ao grito de ARRRR!!!!

Actualisasao II (19/09)- Palizas por preguntar (a outra cara dos EUAs): As minhas desculpas aos lectores de feeds, pero coido que o escandaloso e indignante do asunto paga a pena. Acabo de descubrir este video via Alber. Nel vese como se deten e agrede fisicamente ("tasean") a un estudante por facer preguntas inoportunas fronte a todo un auditorio de universitarios que acudiron a escoitar a Kerry (a pouco convincente alternativa a Bush as ultimas eleccions) na Universidade de Florida. Non dou creto.

Sunday, September 9, 2007

Intro: A Bolera Central

Vexamos. Algo de xeito terei que darlle a isto. Suponho que estara ben iso de comezar explicando que caste de bolera me acolle, sobretodo, polo curioso do seu lema extraoficial nun pais coma este: "Comunismo, ateismo e amor ceibe". Toma esa.
Pois resulta que os meus circuitos vinheron a dar a Rara Avis do pais e tamen seica a xoia da coroa en materia educativa. Reed e unha escola de artes liberais que plantexa un sistema ben distinto ao adoutrinamento academico, os feixes de apuntes e as enchentas de biblioteca a ultima hora. A meirande parte das aulas son seminarios onde se debaten os textos lidos asi que a participacion e obrigatoria. Por non falar da intensidade. A biblioteca (aberta de 8am a 2:30am) enchese dende o primeiro dia, todos, dende o mais hipster ao mais nerd pencan. Sen ranhala, eiqui non safa nin cristo. Poderedes intuir que polo de agora e a faceta de estudante a que mais mallada tenho. Pero non se preocupar, que para a semana comezo o adoutrinamento linguistico dos churumbeles.
A vida no campus fundamentase na etica dos seus moradores. Vamos que non hai normas oficiais. Todo vai acorde ao "Honor principle", asi que cada un ha de comportarse como considere mais axeitado e se se sente incomodado por algunha actitude allea, non ten mais que falalo co suxeito ou cun comite de alumnos especialmente designado para a mediacion nestes conflictos. Considerando que no campus conviven cristians, musulmans, hinduistas, ateos e agnosticos, nudistas e fashion victims, freaks e nenos Hilfiger, abstemios e politoxicomanos, o fluido da convivencia e positivamente abraiante.
E logo esta o activismo e a implicacion directa dos alumnos nos servizos. Para axudar a costear os gastos de matricula (que non son ningun chiste), os alumnos poden traballar ate un maximo de 20h por semana. Hai traballo para todolos gustos, na biblio, no comedor, nos xardins, alimentando aos ratos e mesmo no reactor nuclear (si! vivo a caron dun reactor nuclear, mesmo estou pensando en sacarme o carnet de manipuladora de reactores, que ha de quedar quinindiola no curriculum).
Non existen irmandades alfa, nin omega. Nin liga de futbol (pero si de Ultimate Frisbee ). Existen unha chea de organizacions de estudantes que se publicitan anualmente para obter fondos do Senado de estudantes nunha "funding poll" na que votan todos os alumnos e que ven de rematar. Os que entran no Top 40 consiguen guita. Para que vos fagades unha idea, algunhas das organizacions victoriosas son a Safer Sex Society (gracias aos que os banhos das resis estan permanentemente abastecidos de ghominhas, espermicidas e lubricantes varios), Bike Co-op (arreglan gratis a tua bici), The Mill (a sala de lectura de comics, o pior inimigo do futuro academico de todo gafapasta) e os CAVE (Carnivorous Alternatives to Veg [an/etarian] Eating). "Nos" quedamos de numero 31 (de 68). Pero diso xa falarei mais adiante. Creo que por hoxe xa abonda.