É para min unha grande honra dar comezo aos posts de CHIRIMBOLING NOS LLUESEI!!!
(waiting for aplause)
Nunca me imaxinei que eu, unha rapaciña de blogue sencillo e humilde, chegaría a subir a este balcón, só por contar a súa vida por internet, para dar o pregón deste blog. Pero fágoo porque adoro os Chirimbolos, e mailos esquecidos Ourilocelontes.
Son moitos anos de amizade cun minúsculo robot. Un día, nunha casa branca de cuxo nome prefiro non acordarme, atopei a autora dos chirimbolos, unha individua de vaqueiros negros e camisetas recortadas, e descubrínlle a verdade universal cunhas escasas palabras: "Sabes que te pareces mogollón a Arale?" Ante tal revelación, só podía haber dúas reaccións: unha ostia por tal impertinencia, ou seguir o camiño que lle designara Toriyama. Tras múltiples confirmacións do seu parecido coa discípula da Señorita Yamabuki, Arale asumiu a súa misión de difundir a palabra de Chomsky polo mundo enteiro, e agora tocalle nos Lluesei (boa falta facía).
Botaremos en falta os seus "popipopó" ou os "tucututú", e toda esa ristra de sons entrañables que emitía este ciborg, pero sabemos que é por unha boa causa. Estamos orgullosos de ser habitantes de Chirimbowling, e así o celebraremos, e cando caiamos semiinconscientes de tanta éxtase de celebración, berraremos un "Chirimbowling ceibe!", e o mundo enteiro saberá que arredor deste espazo de Google hai un grupo de xente trallada pero pistonuda.
GraZas, Arale, por contarnos as túas aventuras por Oreghón, o único estados dos Estados Unidos con froito seco oficial, a avelá, e con animal oficial, o castor. Un estado no que se rodaron algunhas das películas máis míticas e transcendentais da industrial cultural (?) norteamericana, como as Tartarugas Ninja 3 e Liberade a Willy.
E dende a cidade que veu medrar a Matt Groening, autor da Biblia da sociedade contemporánea, pensa nos que quedamos aquí, nos que sentimos saudade de ti (cuan dobarristas estamos, carallo).
Chirimbowling será agora un punto de encontro e de dinamitación, que é o que se leva, aberto a todos os chirimboleiros e chirimboleiras de calquera condición social, sexual e ideolóxica.
Hoxe, neste día de festa, brindemos (moito) polo gran futuro de Chirimbowling, pero sobre todo, pola súa autora, desexándolle toda a sorte do mundo. Como pregoeira deste blog, invítovos a gozalo, polo menos até o regreso a este lado do charco.
Viva Chirimbowling!
Vivan os chirimboleiros e chirimboleiras!
Viva Oregon!
Viva Arale Norimaki!
-------------------------------------------------------------
Engadido (by Arale, ruborizada): Para superar esta enchenta de proselitismo blogueiro, podedes ir pasando a salinha a tomarlle os pinchos, non atopei Barrantes, pero hai tinto californiano e birras locais a encher. Desfruten!
8 comments:
Plas, plas, plas, plas, plas.
Os pinchos onde era que estaban?
É a primeira vez que vexo estrear un blogo cun pregón e todo.
Os parabéns para Arale e para Elianinha, quen pode tranquilamente pregoar calquera das múltiples festas gastronómicas galegas.
E, sen máis procastination, paso a ligar este blogo esperando aprender o que non aprendín na miña estadía caroliniana.
Viva! Viva!
E desculpeme que a cite, señorita Norimaki.
Bravo!!!
Mira que me gustan os castores a min!!!
Esa Eli, esa ELi, eh, eh!!!!
(Bicos señorita Norimaki)
Piramide, aghora mesmo sae unha caixa de vinho de california para a sua sede central.
Paideleo, levas razon, para o pouco xeito que lle estou dando o do pregon ata lle queda ghrande e todos. Asi como poida seguirei relatando aventuras, disque "Portland is different" (non sei de que me sona iso...)
Sr.Osborn, estaria tentada de denunciarlo frente a la innombrable por semejante ofensa. Afortunadamente para vd. mi ego ha decidio perdonarle la vida...
Sr.Doutor, pois castor ainda non vin ningun, pero esquios e corvos, cada hora!
Mistica, bikos!!
Veña viño prós nosos corpos!(Eli gastroenterítica mándache moitos bicos)
Vaia, pois xa somos duas gastrointeriticas, vese que a auga destilada eiqui intoxica a minha Robovitamina. A coidarse muito, e beijocas!
Post a Comment