Wednesday, August 29, 2007

Trampeando, pra variar

Ni hao! (usease: Jelou!)
Como pasan os dias e as experiencias se apelotonan masivamente correndo o risco de escorregarseme polo sumidoiro, procederei a inauguracion chafalleira da version proto-beta de Chirimbowling.
Cando menos, namentres non me chegue o pregon oficial, autoria dunha reputada e hiperactiva blogueira.
Como prologo, quedavos o post que escribin recen comezado o programa de orientacion para ensaladas multiculturais potencialmente desubicadas (entre as que me atopo). Arestora a minha vida transcorre entre ducias de esquios dociles, brownies, anaqueis, foneticas extranhas, estres prelaboral, landras, tension academica, acivros, e xentes de inmensidade de formas, cores, orixes, xeneros e relixions.
Prometo que esta finde aprenderei a fedellar coa camara de fotos para comezar a suplir as minhas carencias redaccionais con imaxes ao tempo que deixo testemunha grafica de curiosidades que lle chocarian ao mais credulo...

2 comments:

A pirámide said...

Ipsofactamente ímoslle mandar á pregoeira de honra un requerimento para que presente o post de saída nun prazo de dous días ou verémonos na obriga de iniciar un expediente sancionador.
Arredemo para ela! Xa case parece unha funcionaria.

Arale Norimaki said...

Piramide, vaia mostra de habilidades coercitivas! Polo visto a sua ameaza averno-burocratica xurdiu mais efecto que as minhas mensaxes telequineticas...