Monday, November 19, 2007

O dia que coñecin a un ex-axente da CIA

Coido que esta recente anecdota e o perfecto turning-point pra marcar o cambio radical de robot "workaholicado" con bacterias malevolas no bandullo a androide esterilizado, algo mais tranqui e coa posibilidade de facer vida alen da Bolera.
Si. Non me preguntedes como, pero o outro dia coñecin a un ex-axente da Siaiei. Non lle vin a placa pero a fluidez do seu xapones falado (non e que o entenda, pero ser filla de Toriyama axuda un algho) e a miña robointuicion dinme que e moi posible que o tipo non mentira.
O fragmento da historia que capturei refirese a etapa na que o señor X estivo de servizo no estranxeiro. Entre 1968 e os mid-70's. Onde? Teoricamente Xapon. Pero o paisano andaba de business varios por Laos, Cambodia, Myanmar e, como non, Vietnam. E que se lle perde a un gringo polas Indochinas nos 70? Obviamente moito. E ao señor X? Pois, entre outras cousas, a espionaxe do mercado de opio e mais concretamente a supervision dos cargamentos con destino aos Lluesei. Guerra contra as drogas? Non oh! Ese opio, transportado as mais das veces en avions e barcos estadounidenses, era a principal fonte de financiacion das actividades mais gamberras da Siaiei no Vietnam e arredores. Toda actividade que o Congreso non aprobara, implementabase con eses fondos. Afortunadamente, non e so o señor X quen di tal cousa.
Cumprindo co topico desmitificador de espias, o señor X parece un vellote do mais entrañable, reconvertido primeiro ao mundo dos negocios licitos e ao da vida pracenteira de retirado despois. A conversa comezou co gallo do meu acento, que, para a miña sorpresa, o ouvido do ex-axente catalogou como brasileiro ou portugues. E logo foi derivando cara o Oriente, por mor do seu coñecemento do gabacho e o xapones, algo case inaudito nun gringo. Unha sombra de tristeza foiselle plantando no ollar ao tempo que avanzaba a conversa. Antes de abortala abruptamente, deu un breve repaso desencantado a historia do seu pais e tentou aleccionarme con cousas como: "Todos os gobernos son corruptos, e os que non o son de primeiras, logo corrompense. Todos. E iso non vai cambiar. Non ten sentido escornarse pra mudalos, e unha forza imbatible. Antes acabaran eles contigo. Non hai nada que facer. Canto antes o asumas e tentes levar unha vida pracenteira, mellor." (ma o meno "sic") Supoño que esas son as suas maximas vitais. As que lle engadiu unha enfervorecida critica ao monicreque de Halliburton (a.k.a. Jorgito W. Arbusto) e a estupida politica antiinmigracion (sic) do seu amado pais. Como xa dixen, a conversa rematou nun arrouto seu, cando marchou canda o seu sector de amizades. E probablemente nunca volva topar nin saber do señor X. Pero a historia quedara marcada nos arquivos da CPU araliana como o dia que coñecin a un ex-axente da Siaiei. Ou llea!

P.D.: E si, houbo moito viño de por medio; e si, eu xogaba con vantaxe cunhas cantas copas de menos nos circuitos. E logo como pensabades que se consiguen estas historias?

8 comments:

Elianinha said...

Vou ter que falar coa túa nai para que saiba con qué compañías andas...

Homúnculo said...

Mmmm... Sin duda es toda una anécdota. Supera con creces mis coloquios con expresidiarios y yonquis.

Tendré que rodearme de nuevos personajes para estar a a la altura de vuesa merced.

Pronto tendrás noticias mias!

A Raíña Vermella said...

Incrible. Ben, ou non. Supoño que a CIA traficando con opio non é moi sorprendente, pero cando vexo confirmadas as peores expectativas sobre os Lluesei, non podo evitar a sensación de que aínda pode ser peor que nas peores paranoias cons. Noutra orde de cousas, esa é a regla de ouro para conseguir calquera cousa de calquera : SEMPRE UNHA COPA POR DETRÁS. Dominas o mundo:p

Mario said...

Pedazo historia!!!! O do financiamento coa droga era cousa sabida, pero aínda así....

Home de xeo said...

Homúnculo = Home de xeo

Ra said...

Estoy con la Raíña.
Qué bien te veo, Arale.
Bicos e máis bicos.

ak said...

mais bem seria " o dia que un ex-axente da cia conheceu a chirimbolotica"

Arale Norimaki said...

Elianinha, tschhhhh...agas que non chegue pras datas planeadas (pra o que un secuestro ou algo peor teria que acontecer), ti chiton, que a unica que papa lapotes despois e a menda.

Querido ente dual homunculo/iceman, no creo que algunos de sus coloquios bohemios sean alcanzables en intensidad y grado de surrealismo por una mera charla siaeiosa...aguardo impaciente sus nuevas.

Rainha, non tenha peores expectativas, nunca se sabe como de enrevesadas se poden trocar as cousas...canto mais afondo nos intringulis da politica exterior gringa, peor se me pon a ulcera. Non se imaxina vostede "cuan" hardcore pode ser lerse os artigos de Condi Rice. E si, o da copa e decisivo, terei que seguir entrenando ;)

Mario, mal disimulaba eu o meu apapostiamento cando o tipinho comezaba a laretear dos camellos e dos chanchullos coa yazuka, que cousas...

Ra, asias, asias, da gusto tener un yo binario sin ojeras para que le echen flores ;) Biko

Ak, non, non, afortunadamente de min conheceu pouco, e mellor asi, como se cre que son Maria de la O...a siaiei canto mais lonxe mellor...

Zenkiu ol for de bisit!