Saturday, February 2, 2008

Cábala

Nunca pensara que arranxar horarios para ducias de persoas puidera resultar algo tan cabalístico, anque infinitamente mais mundano. Anque tampouco pensara nunca que o hebreo fora unha lingua tan complicada e visualmente tan fermosa na tipografia Rashi. Que ninguen se asuste, non pasei do chines ao hebreo. So curioseei.

A semana antes do comezo do segundo semestre, o Campus/Bolera celebra a "Paideia", unha semana na que os alumnos se tranforman en profesores. De que? De calquera cousa, dende calceta a cestería subacuatica, dende canción-protesta ate BDSM, pasando por xeopolitica nuclear e como matar unha cabra (pa comela e facer coiro, entendese). Eu queria aprender o alfabeto hebreo pa pipear algo os titulares... pero resulta que descubrín que, por moito que se queiran diferenciar dos arabes, no relativo as vocais e a facerlle a vida complicada aos neofitos sonche igualiños. Ao igual que o árabe, posuen un alfabeto de consonantes cun par de semivocais (se mal non lembro). E para poñerlle as vocais as verbas teñen toda unha serie de puntiños verticais/horizontais/diagonais e micro-Ts que -oh, sorpresa!- so aparecen nos libros para cativos, nalgun texto solto e en palabras especialmente complicadas. Para darlle unha volta mais, non se contentan con 5 vocais, teñen un feixe delas. Asi que se queredes descifrar e vocalizar un titular, un nome ou un cartaz, primeiro toca pringar meses de miopia e gaguexos. Coido que optarei por seguir admirando o atractivo estético e a outra cousa "butterfly".
Ai, estes semitas todos!

6 comments:

Bautista said...

Eu tiña unha tía que aprendeu hebreo e arameo. Tiña e teño, vaia, que non lle pasou nada. Agora simplemente cre que a cústalle diferencia realidade e ficción, e cousas polo estilo.

Cando estaba cuerda, dicía que o de aprender hebreo era cousa ben chunga. Todo o contrario que o árabe. Dicía que era relativamente fácil. Eu non cría que soubese nin unha cousa nin outra, ata que se puxo a falar cunha rapaza saharaui, desas que veñen de visita veraniega. A que máis flipou foi a pobre rapaza...

Agardo máis visitas súas á CdC, sr.Norimaki. E agora que me teño instalado nas Minor Outlying Islands, con máis motivo!

Bautista said...

disculpe que lle teña cambiado de xénero a CPU... SRTA. Norimaki

Marla Singer said...

Case mellor aprender chinés ou xaponés non?

Zerovacas said...

E lo non fuches ao de BDSM?

A rapaza do arco said...

Bufff! que complicadiño! e eu queixándome dos h e os b/v cando era nena...

Arale Norimaki said...

Bautista, pois o de arameo e cousa exotica...seica nada mais quedan un milleiro e algo de falantes...
Logo da miña breve incursión podo dicir que estou de acordo coa sua tia, o arabe, cando menos para aprender os minimos, e bastante mais sinxelo que o hebreo...xa so aprender a poñer as vocais en hebreo (largas curtas ou medias...e son un feiche de puntichiños pequenos) e un pesadelo...
Magoa que non optara por aprender da sua tia aproveitando clases gratis...eu adicome a re-esquecer o pouco que sei de cada idioma...
Prometo comezar a visitar as Minor Outlying Islands pronto... coide da CdC namentres!!

Marla, se imos ao practico, sen dubida...non sei se e que botei mais tempo nas clases de chines e ao final perdinlle algo de medo, pero o chines pareceume mais sinxelo que o hebreo...iso si..sinxelo para aprender catro cousas, se queres falalo e lelo, o hebreo ao ter un alfabeto e probablemente mais facil pra nos...pero iso supoño que e cousa de cada un...

Doutor, non tiven tempo, estaba na clase de hebreo e logo na de calceta, pero outra vez sera...

Arqueira, va que si? e o que lles digo aos churumbeles cando se me queixan de que as conxugacions son dificiles...se tiverades que aprender chines!!

Desculpas a todos pola demora e saudos xiados!