Ni hao! (usease: Jelou!)Como pasan os dias e as experiencias se apelotonan masivamente correndo o risco de escorregarseme polo sumidoiro, procederei a inauguracion chafalleira da version proto-beta de Chirimbowling.
Cando menos, namentres non me chegue o pregon oficial, autoria dunha reputada e hiperactiva blogueira.
Como prologo, quedavos o post que escribin recen comezado o programa de orientacion para ensaladas multiculturais potencialmente desubicadas (entre as que me atopo).
Arestora a minha vida transcorre entre ducias de esquios dociles, brownies, anaqueis, foneticas extranhas, estres prelaboral, landras, tension academica, acivros, e xentes de inmensidade de formas, cores, orixes, xeneros e relixions.Prometo que esta finde aprenderei a fedellar coa camara de fotos para comezar a suplir as minhas carencias redaccionais con imaxes ao tempo que deixo testemunha grafica de curiosidades que lle chocarian ao mais credulo...