Monday, August 20, 2007

Desorientando

Primeiro dia potente de "Orientation Week" na Bolera Central para a ensalada multicolor que conforma o grupo no que me atopo, oficialmente denominados "internationals". Comezamos o dia con bacon hormonado, pure de patacas e zumes. Para os brandengues e androides, muffins e cafe-aguachirri. Simultaneamente ao proceso de inxestions se desenvolve unha sesion intensiva sobre o que non facer para evitar unha deportacion ou encontronazos cos polis gringos.
Logo Janie "Payroll", oregoniana de pro e traballadora da Bolera, se desculpa frente a nos pola politica fronteiriza do seu pais e pasa a explicarnos como obter a prata que garantizara a nosa supervivencia. A burocracia asoma os focinho, medo, medo...
Mais comidas institucionais. Desta co presi da Bolera. Coinciden na minha mesa un indio e un pakistani de 17 anos. En menos de 5h se asentan as bases do que promete ser unha curiosa amizade. Mesmo bromean sobre Cachemira. Ais, que cousas.
De postre tour por Portland. A cidade dos piratas. A capital queer. A capital da "vida sana" e os productos bio. E de un bo feixe de cousas mais.
Xa de regreso, na parada de bus, dous tipos con parche neghro e atuendo presuntamente local dannos uns fliers para un show de teatro: "My highschool teacher was a whore". Vaia, ta ben sabelo. Despois, un pouco de proselitismo. Promociono Kathaarsys no bus cun tipo que me poderia ter partido a cara por tan so miralo. O queer do meu caron tamen quere pegatas de progressive metal transoceanico. Tras 5 min de charla sigo sen saber a que xenero bioloxico pertence, muller barbuda ou home estroxeneizado?
Frenazo. A busera cantanos a parada cun sorriso de orella a orella [Por que todos os traballadores de servizos son tan incomprensiblemente amables eiqui??]. Enesima pateada, desta por un barrio rico, sen ter nin idea de cara onde imos. Chantannos a todos os "internacionais" na casa da Decana de Nonseique. Parte da plantilla docente da Bolera nos recibe e charla animadamente connosco. Mais comida. Demasiada. Tanta que empezamos a sospeitarnos golosos Hansel e Gretel, ou como unha piara nas vesperas do san Martinho. Iso si, alcohol, nin ghota.
De retirada damos coa sala de billar no sotano do edificio central do campus. Surrealista. Graffitis e murais. Jukeboxs. O minibunker dos nenos frikis. Un galego da Ucraina pon a proba os seus conhecementos de xeografia espanhola coa menda ata provocarme unha contundente dor de testa. Nun momento de despiste do meu interlocutor, logo fuxir ocultandome nas notas da gramola.
Devil's haircut semella unha boa forma de rematar o dia.

3 comments:

elduende said...

¿Portland cidade pirata?

Os camiños do Monstro Voador de Spaguetti son inexcrutables, compañeira pastafari.

E non deixe de contar cousas:
¡Queremos de saber!

A pirámide said...

Arale querida:
Vista e lida a entrada, parece que as túas andanzas prometen. Xa sabiamos que os androides de doble núcleo eran boas nisto da crónica sociopersoal.
Agardamos novos capítulos de Chirimbowling.

Arale Norimaki said...

Sr. Osborn, increible pero cierto, me encuentro en la mismisima capital de los Piratas. Busque templos del MVS, pero de momento solo encuentro logias masonicas...

Piramide, gracinhas polo peloteo, xa che enviarei unha caixa de birras portlandesas. As andanzas prometerian se tivera tempo para contalas, agardo que a partir da vindeira semana xa terei uns horarios mais predecibles...