Saturday, October 20, 2007

Arrepiate ou morre!!

Case me estou a volver tan sensacionalista como os da Fox, eh? Pero suponho que pra lograr tal cousa un tense que exponher ao 100% aos mass-media gringos, cousa que, por fortuna, non estou a facer. Polo momento limitome a sobrevivir facendo equilibrismos coas multiples obrigas academico-laborais e, cando tenho ocasion, paseome por Frikitown en modus voyeuris, cunha pose e ritmo similares aos de R2D2.
E nesas ocasions, cando volvo reparar nas constantes e omnipresentes alertas que inundan a meirande parte dos espazos publicos, transcendendo aos mass-media, niso que uns cantos deron en chamar a "cultura do medo".
Lembro a intranquilidade que me espertou atopar os cartaces da imaxe esquerda en cada sala comun da minha casa e por todo o campus. Nada mais lonxe da minha vontade minimizar a gravedade das agresions sexuais. Pero ao ver semellante cantidade de servizos integramente adicados a atencion de victimas de agresions sexuais exclusivamente en Frikitown, non puiden evitar preguntarlle a un dos meus anfitrions por uns indices de violacion que eu intuin archielevadisimos. Pois seica non, que Frikitown eche bastante tranquilinha. A resposta que recibin, foi que aqui prefiren pecar por exceso de advertencia que por defecto, non vaia ser que logo vaias denuncialos por non terte informado. Iso explica que os banhos estean plagados de cartaces con fatidicos avisos lembrandote que has de "tratar todo fluido corporal como potencialmente infeccioso" (sic), lavar as mans e tapar a boca ao tusir non vaia ser que lle contaxies o ebola a alguen. Iso sen contar o feixe de tests medicos que tiven que responder antes de entrar no pais e pequenos detalles como non poder doar sangue por vir dunha "zona de risco".
Isto son so os detalles na microesfera do cotidianisimo, porque tan axinha un sae a rua atopase con novas advertencias, como a do "Neighbor Watch", que ainda non sei como vai equi, pero a min inspirame unha incomoda sensacion de ser constantemente vixiada por vellotas hitchcockianas tralas cortinhas.
Outra grande teima que tenhen e a obsesion coa documentacion falsa e os 21 anos de marras. Como sabedes, o Slump fabricoume co aspecto dunha nena de 13 anos anque levo bastantes mais as costas, asi que sacar o DNI pra mercar unhas cervexas ou mesmo entrar nun pub a tomar un zume de laranxa e unha ruleta, porque nunca sabes se vai "colar".
Estas pequeneces son quen de irritarme sobremaneira, anque dou fe de que fago esforzos por levar unha vida o mais normalinha posible... Gracias ao que puiden descubrir que o centro do universo se agocha nunha tenda de antiguidades de Frikitown e que moitos gringos estan convencidos de que Espanha ten un presidente comunista e de que o caracteristico son "ce" proven dunha arrouta dun iberico rei medieval acomplexado co seu ceceo. Va que non o sabiades?

6 comments:

Raposo said...

O de que España ten un presidente comunista tamén che llo parece a moitos do PP, mesmo eu estou empezando a dubidar despois de escoitar algunhas das arengas de Rajoy e Cia.

Marla Singer said...

Que zuperfuerte!! (como xa levamos tempo coa campaña, aprópiome da Z de Zp).

paideleo said...

O carné para comprar alcol pídeno sempre e anque aparentes máis de trinta anos.
Así que o son " ce " vén dun rei medieval ?. Non sería o Ziz Zampeador ?.

ak said...

É para ser vicinho espiador hai que opositar?

A Raíña Vermella said...

Zona de risco???????!!!!!!!!!!!! pero que morro lle botan!!!!!!!!!!!!! Como se foramos nós os que aínda non teñen eliminada a rabia. Gringolandia semella aínda mais surreal do que eu pensaba, que era bastante. Algo de política defensiva anto-dennuncias haberá, pero o que semella é un método para sementar o pánico e que a xente siga votando aos republicanos. Debo de estar un pouco paranoica, mira que pensar iso...

Arale Norimaki said...

Antes de nada desculparme pola demora nas respostas...

Raposo, non sabes o afortunada que me sinto de poder vivir allea ao ruido arengatico xeralizado. Minhas condolencias aos que o tedes que sufrir.

Mistica, zuperfuertizimo. Gracinhas pola foto de Neighbour Watch, vexo que o de espiar aos vecinhos e cousa xeralizada no mundo saxon.

Paideleo, sei sei, pero e un conhazo. Amais non lles vale calquera carnet ten que ser o pasaporte, ese que se perdes o che rouban non podes sair do pais. Dizque zi zezeamos por izo, que couzaz tenhen eztez gringoz

AK, coido que non, calquera que queira ser espia e acusar aos "maleantes" que merodean a vecindade pode facelo, coido que solo fai falta ter unha casa dun millon de dolares, pequeneces.

Rainha, si si, coido que menos alemania todo o resto do mundo e zona de risco para eles. Anque semella que a H.Pylori atacoume aqui...sera que o meu sistema inmunoloxico non esta preparado para as bacterias americanizadas. Algo surreal si que e, pero suponho que ese e tamen o seu atractivo.

Gracinhas a todos pola visita!