Showing posts with label fotos. Show all posts
Showing posts with label fotos. Show all posts

Tuesday, November 27, 2007

Hagase la luz, bros!


"Let There Be Light"
capturado no Left Bank Books, o recuncho mais xugoso da microescapada a Seattle.

Wednesday, November 7, 2007

Dia de los Muertos Revisited

Prometo que desta non e preguiza senon causas maiores as que me mantenhen alonxada da facer algunha actualizacion decente. A saude (en companha de H.Pylori, antibioticos e migranhas) leva duas semanas repercutindo negativamente no meu rendemento, ate o pundo de obrigarme abandonar o estudo do chines (quero crer q temporalmente, pero dubido q non sera asi) e reconducir a tinta china pra suala entre as aulas cos churumbeles, a fabricacion en masa das caveiras de azucre, a asignatura na que ainda mantenho praza e o Dia dos Mortos. Afortunadamente, todo indica que en breve todo sera mais apacible. Xa comezou a selo. O Dia dos Mortos resultou ser un exito e xa foi catalogado polos alumnos como o mellor evento do campus dende que comezou o curso (alo polo agosto serodio). A iso axudaron as semanas de traballo en equipo cos habitantes da Casa, o apoio moral e economico da Bolera, a musica de Jason Webley e a enerxetica e cuasi orgasmica actuacion de March Fourth Marching Band, que puxo punto e final.
Pra compensar as minhas carencias verbais e pra dar sinais de vida en xeral, deixovos un feixe de fotos fotos: dos altares que se lle montaron as "Hispanic Dead Celebrities" favoritas do campus e do evento en si. Coidense!










Saturday, October 20, 2007

Arrepiate ou morre!!

Case me estou a volver tan sensacionalista como os da Fox, eh? Pero suponho que pra lograr tal cousa un tense que exponher ao 100% aos mass-media gringos, cousa que, por fortuna, non estou a facer. Polo momento limitome a sobrevivir facendo equilibrismos coas multiples obrigas academico-laborais e, cando tenho ocasion, paseome por Frikitown en modus voyeuris, cunha pose e ritmo similares aos de R2D2.
E nesas ocasions, cando volvo reparar nas constantes e omnipresentes alertas que inundan a meirande parte dos espazos publicos, transcendendo aos mass-media, niso que uns cantos deron en chamar a "cultura do medo".
Lembro a intranquilidade que me espertou atopar os cartaces da imaxe esquerda en cada sala comun da minha casa e por todo o campus. Nada mais lonxe da minha vontade minimizar a gravedade das agresions sexuais. Pero ao ver semellante cantidade de servizos integramente adicados a atencion de victimas de agresions sexuais exclusivamente en Frikitown, non puiden evitar preguntarlle a un dos meus anfitrions por uns indices de violacion que eu intuin archielevadisimos. Pois seica non, que Frikitown eche bastante tranquilinha. A resposta que recibin, foi que aqui prefiren pecar por exceso de advertencia que por defecto, non vaia ser que logo vaias denuncialos por non terte informado. Iso explica que os banhos estean plagados de cartaces con fatidicos avisos lembrandote que has de "tratar todo fluido corporal como potencialmente infeccioso" (sic), lavar as mans e tapar a boca ao tusir non vaia ser que lle contaxies o ebola a alguen. Iso sen contar o feixe de tests medicos que tiven que responder antes de entrar no pais e pequenos detalles como non poder doar sangue por vir dunha "zona de risco".
Isto son so os detalles na microesfera do cotidianisimo, porque tan axinha un sae a rua atopase con novas advertencias, como a do "Neighbor Watch", que ainda non sei como vai equi, pero a min inspirame unha incomoda sensacion de ser constantemente vixiada por vellotas hitchcockianas tralas cortinhas.
Outra grande teima que tenhen e a obsesion coa documentacion falsa e os 21 anos de marras. Como sabedes, o Slump fabricoume co aspecto dunha nena de 13 anos anque levo bastantes mais as costas, asi que sacar o DNI pra mercar unhas cervexas ou mesmo entrar nun pub a tomar un zume de laranxa e unha ruleta, porque nunca sabes se vai "colar".
Estas pequeneces son quen de irritarme sobremaneira, anque dou fe de que fago esforzos por levar unha vida o mais normalinha posible... Gracias ao que puiden descubrir que o centro do universo se agocha nunha tenda de antiguidades de Frikitown e que moitos gringos estan convencidos de que Espanha ten un presidente comunista e de que o caracteristico son "ce" proven dunha arrouta dun iberico rei medieval acomplexado co seu ceceo. Va que non o sabiades?

Wednesday, September 5, 2007

Made in Portland

Bicis politizadas...

Community Cycling Center- reciclaxe e reventa de bicis; e polo que se ve, en xeral, do que faga falta. Impresionante cultura de reuso e reciclaxe...

Malcolm X no Barrio de Martin Luther King Jr.; barrio, polo que cheguei a intuir, en loita aberta contra a xentrificacion (novo palabro para a CPU)...

Camiseta paraoficial da "Bolera Central", ese lugar que polo de agora e fogar de Arale 24:7.
Alguen atina a ler que di a lenda do escudo? ;)