Monday, October 29, 2007

Dia de los Muertos




















Nestas andamos, a voltas co Dia dos Mortos, empapelando os banhos da Bolera con estes Episodios explicativos (faltan dous mais que blogger non me deixa subir), facendo caveiras de azucre e pseudoflores de cempasuchil. Carolyn, unha das habitantes da "Casa" e unha crack na cuestion creativa, montou unha paxina web na que se votaron polo Top 6 das Celebridades Hispanas (escollendo dunha lista restrinxida a trinta por cuestions de programacion). Os ganhadores resultaron: Dali, Frida Kahlo, Goya, Neruda, Borges e Lorca, aos que lle montaremos altares ao mais puro estilo mexicano (tan puro como consigamos...) durante esta semana. E venres dous concertos, pinhatas e comida a raudais. Os da "Casa" servindo, como non. Xa suo so de pensalo. Ainda por riba Aralinha seguira ate as cellas de antibioticos pra matar a unha tal Helycobacter que lle esta a facer a vida imposible. A ver se con tanta caveira se espanta de todo e me deixa tranquila. En fins, como di a rima:
En este mundo matraca
De morir nadie se escapa.
Muere el buey, muere la vaca,
Y hasta la mujer más guapa
tiene que estirar la pata.

3 comments:

ak said...

Feliz Samain ,a desfrutar, sempre que a puñeteira H.Pilory che deixe, que normalmente son resistentes resistentes, polo menos as bacterias patriotas galegas

FraVernero said...

Vaia... vexo que te divirtes por Mordor, eh, bowleadora? Non te esquenzas de que a túa misión principal non é andar trolleando, que tes que guindar certa cousa no Monte do Destino...

A ver se renovas algo máis, preguiceira (en calquera das dúas casas, se non aparcaches a outra...)

Arale Norimaki said...

Ak, feliz samain e feliz dia de los muertos (2nov). Desfrutei canto puiden, mais que nada do alivio de que xa rematara todo o choio este. Seica a Pylori esta e gringa, pero parece q tamen resiste a fodida.

Fra, benvido por estes lares! Si si, deslocalicei os circuitos temporalmente nunha arrouta gonzo. Non esquezo a mision, pero hai moito troll continxencial co que batallar. Espero poder actualizar mais cando remate coa Pylori e cos assignments.

Coidense!