Monday, May 5, 2008

Renn Fayre 2008

É unha razon mais pra adorar este lugar. Non e unha festa calquera. E un festival en toda regla. Unha xenuina celebracion do fin de curso e a partida dos "seniors", os estudiantes de ultimo ano.
Renn Fayre comeza o venres as 3pm, coa queima das "thesis" (traballos de fin de carreira) e todo dios disfrazado na entrada da biblioteca. Os demais asistentes teñen o deber moral de enchoupar aos laureados con champan barato ao tempo que a batucada marca o ritmo da cerimonia. Unha vez as teses estan a arder, berrase, bailase...e, o mais importante, bicase. A todo o mundo. Dependendo do etilismo do persoal podese safar cunha aperta, pero e ben dificil sair da voraxine sen que alguen che coma os morros. Ou sen que che cubran de pintura e champan. O caso e celebrar.
A festa continua durante toda a fin de semana, cun calendario ateigado de concertos, atraccións e eventos xenuinamente "reedies". Entre os convidados este ano estiveron unha chea de dj's cuxos nomes non lembro, Girl Talk, March Fourth, Lions of Batucada, Supermerde e Funkubus. E o sabado as 3am, un orgasmico re-play-dance-session de Stop Making Sense. Pra que o corpo aguante tanta caña (a que cada un decida meterlle, pero digamos que a tonica xeral e moi psicotropica), os propios reedies organizan a "Karma Patrol", voluntarios que van ofrecendo auga e bagels gratis a quen precise repoñer forzas. Os que sufren un mal viaxe ou algún accidente son rescatados por WhiteBird, unha ong con grandes coñecementos de axuda medica en festivais (curtidos en Woodstock e similares, seica). Se se quere relaxar e fuxir do ruido esta o "White Lounge", unha sala chea de colchons, sofas e muselinas nas que contar ovelliñas ou adicarse a discretos praceres carnais. A sua antitese e o "Black Lounge", sala de tecno cuasi-constante durante os tres dias nas que queimar calorías e evaporar o etanol.
Alén da danza abondan as actividades frikis e clásicas na historia de Reed. Unha das visualmente mais impactantes son os Pictors, unha horda de reedies transformados en pitufos nudistas que se adican a dar abrazos azuis durante toda a maña do sábado. O seu principal inimigo son as patrullas con pistolas de auga. Logo de moita loita de guerrillas polo campus adiante, os Pictors encabezan a comitiva do Festín, xentileza dun feixe de exalumnos que chegan en procesión con ristras de polos e pavos asados aos hombros e camiñando ao son da gaita escocesa. Aqueles que queden con fame poden ir ao anfiteatro e participar no "Bug eating contest", que como seu nome indica consiste en comer bichos, e quen e quen de comer os piores (mair ghrandes e mair feos) sen botalos despois. E un espectaculo kafkiano, sen dubida.
E podería botar horas falando da sala dos globos, dos fogos artificiais, da "glo-opera" dos labirintos co sofa-columpio, das cupulas e cabañas de chill-out, dos campos de veletas ou do xadrez human pero prefiro deixalo aquí. Se cadra ate vos animades, e vides vivir o festival o vindeiro ano. Con portas como esta (a ponte azul), quen non se sinte tentado...


Fotos xentileza dos usuarios de flickr e facebook: g.r., l.w., e.m., sibsi e saylamarz

5 comments:

Home de xeo said...

¡Menudo fiestón!

Me pregunto si yo (que ya estoy habituado a desfasar hasta niveles insospechados) sobreviviría a semejante bacanal...

¡Que envidia!


Unha aperta

PD:Quiero un informe de todas las perversiones cometidas jajaja

paideleo said...

Curiosísimo.
O dos pitufos nudistas é rarísimo e non o imaxinaba nos EEUU:

A Raíña Vermella said...

Como mola! O do ano que ven non o repitas que alí que me planto. A ponte azul é preciosa...
p.D: como lle vai a Mopunganita?

Marla Singer said...

que pasada!!! Eu quero ir!!!!!!

Mario said...

Iso de bicarse tod@s con tod@s lémbrame ás festas de Filoloxía (Filoloxía é unha orxía!!! foi o noso grito de guerra cando a LOU). Parece igual de divertido.