Wednesday, October 3, 2007

Democracia a la texana

Desastrinho son, ben sei. Se e que cousas que contarvos saenseme polas orellas, xa so coas aulas cos churumbeles alternandolles Los Fruitis e Toreros Muertos tenho para unha tese. Iso sen contar demais vicisitudes, como que te tenhas que enterar de que che cancelaron o voo transoceanico porque a divina providensia fixo que chamaras por curiosidade [consello, nunca reservedes voos longos con eles], senon xa podias ficar no aeroporto con cara de poker. Ou as cada vez mais frecuentes sesions de biblioteca ata as 2am. Ou de Oaxaca vista dende Portland. Ou do poder da escalivada e o aioli, ou das filloas con chiculate e as yemas de sta. teresa (made in arale) para atraer gringos despistados a malevola rede da casa hispana. Por certo, o da foto e Marquitos, o anfitrion indiscutido (seica dende hai tempo xa) nas mesas de conversa que organizamos semanalmente. Pero para que me perdoedes deixovos outra tapa de gringadas, desta, un clarisimo exemplo da seriedade do corpo lexislativo en Texas. O mellor esta pola metade...

8 comments:

ak said...

Nom te me flageles que andamos todos vagos de mais. De toda a vida conhecia o poder da filloa e se porriba leva chocolate.... tem coidado que tanto poder nom se descontrole.
E coidao que com se enteren os Bush de que unes Texas e democracia podes acabar de butanera en guantanamo.
Apertas transoceaniks

Zerovacas said...

2AM? Que non se te descargue a bateria!!

crispress said...

Pois gracias polo teu comentario, pero aínda estou comezando, a miña idea é publicar aquelas cousas que semellen útiles para os mestres, pero xa veremos por onde vai...
Eu téñote enlazado porque iso dos Lluesei dame morriña, e curiosidade por ver como lles vai a outros naquelas terras.

A Raíña Vermella said...

Peza de xadrez intercambia con androide blogomilleiro biscoito de chocolate por xemas de sta. Teresa. Preguntar pola Raíña na próxima visita ao terruño:)

A pirámide said...

Pois eu teño feito ben veces o que fan os deputados eses. Pero nos porteiros automáticos.

Zerovacas said...

Japi Berzdei!! É o luns, non?

Mario said...

E cando volvas hasnos convidar a xemas desas, ou son só para gringos?

Arale Norimaki said...

Ak, gracinhas, pero e que vexo tantas cousas que merecen ser contadas que logo dame magoa deixar que venza o cansazo e a preguiza. Tranquilo co das filloas, dosificoas moito, que non se malacostumen. O da democracia texana...esto..yo no fui... ^^U

Doutor, normalmente a 1AM xa pincho, pero si...por momentos a bateria ameaza con esgotarse por completo, tenho que atopar suministradores de Robovitamina A nos Lluesei. E gracinhas polas felicitacions!

Crispress, un pracer, volverei por ali cando poda acougar, que agora empezamos coa preparacion do Dia de Muertos. Volve cando queiras :)

Rainha, feito. Androide engade filloas ou tarta de maza araliana a sua oferta, que as xemas sonche do mais sinxelo que hai...

Piramide, ai ai...pois con ollo que por iso aqui enchironante por alteracion da orde publica. Proponha o sistema en san caetano, a ver que lles parece ;)

Mario, sen problema! a xemas, a ceviche de gambas e a calquera das cousas que me toca aprender de facto por iso de ser unha das representantes de hispanoamerica na bolera, que cousas...

Gracinhas a todos pola visita!