Prometo que desta non e preguiza senon causas maiores as que me mantenhen alonxada da facer algunha actualizacion decente. A saude (en companha de H.Pylori, antibioticos e migranhas) leva duas semanas repercutindo negativamente no meu rendemento, ate o pundo de obrigarme abandonar o estudo do chines (quero crer q temporalmente, pero dubido q non sera asi) e reconducir a tinta china pra suala entre as aulas cos churumbeles, a fabricacion en masa das caveiras de azucre, a asignatura na que ainda mantenho praza e o Dia dos Mortos. Afortunadamente, todo indica que en breve todo sera mais apacible. Xa comezou a selo. O Dia dos Mortos resultou ser un exito e xa foi catalogado polos alumnos como o mellor evento do campus dende que comezou o curso (alo polo agosto serodio). A iso axudaron as semanas de traballo en equipo cos habitantes da Casa, o apoio moral e economico da Bolera, a musica de Jason Webley e a enerxetica e cuasi orgasmica actuacion de March Fourth Marching Band, que puxo punto e final.
Pra compensar as minhas carencias verbais e pra dar sinais de vida en xeral, deixovos un feixe de fotos fotos: dos altares que se lle montaron as "Hispanic Dead Celebrities" favoritas do campus e do evento en si. Coidense!
Wednesday, November 7, 2007
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
6 comments:
como o pasades polos estados juntitos eses
lembra amoxicilarte e claritromizarte pra rematares co bicho ise
Ey, Arale...yo me había quedado anclado en su otro recuncho!!!
Tengo que ponerme al dia, ésto promete!
Un abrazo enorme
léase "anclada"
;P
Vaia... xa quixera eu probar unhas desas calaveras de zucre, que a mín a Danza Macabra, alén, sempre me resultou grata...
Imaxes do Día dos Mortos son para mín, e para sempre, as desa odisea inacabada que festexou Eisentein por terras mexicanas: Que viva México!
Neste caso, ándasnos coa hibridación latina e coa cultura chicana, da que agardo nos pases informes interesantes. Eu lembro unha moi boa revista dixital que deixou de sacarse, por desgraza: Tezcatlipoca. E algúns libros lidos (sobretodo o clásico 'The House on Mango Street', de Sandra Cisneros).
Que lle fixeches a Gallardón??: "La verdad es que no me gustan estos chirimbolos" http://www.elpais.com/articulo/madrid/verdad/gustan/chirimbolos/elpepuespmad/20071113elpmad_11/Tes
:D
AK, aiiis non sabe que ledicia desfacerme da condenada amoxicilina. A pylori parece estar case morta de todo, omeoprazolanme por se as moscas...
Ra, bienvenida sea a este recuncho gringo!! Mi intencion es mantener los dos coleando, pero mi diligencia es otra historia. Biquiño.
Fra, creame que non quere provar esas caveiras...agas o azucre, pouco mais tenhen de comestible. O Dia dos Mortos da Bolera tentou ser o mais autentico posible (considerando as limitacions varias da menda e demais organizadores, claro esta), e aproveitamos a coxuntura pra achegarlles figuras culturais hispanas aos churumbeles do campus. O grao de presenza hispana, mesmo nun estado con taxas baixas de inmigracion extranxeira como e Oregon, e un tema que non deixa de sorprenderme. E a pervivencia e mesmo a incorporacion das festividades "foraneas" aos calendarios gringos e un de tantos efectos que gorento de observar eiqui. Prometo dar informes con maior regularidade agora que son menos workaholic por prescripcion medica.
Doutor, primeiro noraboa pola sua mudanza laboral. E de Gallardon e o seu deleznable ataque verbal contra a fermosura conceptual dos chirimbolos (todos), mellor non falar ;)
Graciñas a todos pola visita e os comentarios!
Post a Comment